Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

NOVO CURSO_NOVO PROXECTO

O curso pasado participamos no PLAN PROXECTA que ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o traballo por PROXECTOS nas aulas. Eleximos a rama ALIMÉNTATE BEN e dentro dela o proxecto XERMOLIÑO.
Foron moitas as propostas e traballos que xurdiron. Neste curso que estamos a piques de comezar queremos explorar novos horizontes dentro da mesma temática. Queremos que comecedes a PENSAR... O proxecto do noso cole xa ten nome: ALIMENTOS VIVOS. DEIXARÁNSE MANIPULAR? Pensade o que suxire o título e ata onde podemos chegar. Vémonos moi cedo!